Ola, xentes curiosas! Hoxe para comezar o día tráiovos esta cantiga sobre Branca de Neve e os seus amigos os ananiños. Pero... cantos ananiños eran? Mmmm deixádeme pensar... Case mellor escoitamos a Germán Díaz cantarnos esta preciosa letra de Paula Carballeira. Atención ao instrumento, fixádevos ben, é moi curioso...
Non vos entraron ganas de cantar un pouco? A min si!!
Preparámonos entonando a escala con Daily Do
Agora imos lembrar o Papagaio loiro, a canción do Coro das Emocións que practicamos coa aula de Infantil 4 anos.
Primeiro cantamos con xestos...
E agora co acompañamento da harpa. Vosoutros facede os xestos, que eu non dou!! Jajaja
Espero que o pasedes moi ben cos contos e os cantos... unha aperta e ata pronto!!
Moitas grazas por compartir esta fermosa versión dos sete ananiños.
ResponderEliminarOs xestos para a escala musical todavía temos que practicalos un pouquiño, jajaja!