miércoles, 20 de mayo de 2020

Cantando e bailando con choiva ou con sol

      Ola xentes curiosas! Hoxe aínda traio un vídeo precioso de Sorayamúsica para bailar coa música de "As pitas baixo a choiva" un conto de Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A música é moi famosa, porque saía nunha película do actor Gene Kelly "Bailando baixo a choiva". Hoxe temos un fermoso sol, pero bailámola igual  non, si? Imos aló!


E agora, imos cantar un pouco...

      Primeiro antes de cantar quentamos a voz coa nosa famosísima canción Daily Do. Se na vosa casa aínda non a coñecen, aproveitade para ensinarlla e practicar a entonación da escala de Do todos xuntos! Eu fago os xestos só cunha man porque estou tocando a arpa, vosoutros se pode ser facédeos coas dúas mans como faciamos na clase. Imos aló!


Xa estamos preparados para aprender unha cancionciña baseada nun poema de Rosalía...



Unha forte aperta, e ata a próxima!

6 comentarios:

  1. Moi chulo o video da choiva e cantamos a canción de Miudíño cos meus pais!!!!

    ResponderEliminar
  2. Hola son Sara de 2B. Tocas xenial a arpa. Encantoume.

    ResponderEliminar
  3. Grazas, linda, alégrome de que che gustara.
    Apertas

    ResponderEliminar
  4. Hola soy Karen me encantó muchísimo la canción.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Karen! Alégrome de que che gustara, un biquiño

      Eliminar

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...