jueves, 28 de mayo de 2020

Contos e cantos

      Ola, xentes curiosas! Hoxe para comezar o día tráiovos esta cantiga sobre Branca de Neve e os seus amigos os ananiños. Pero... cantos ananiños eran? Mmmm deixádeme pensar... Case mellor escoitamos a Germán Díaz cantarnos esta preciosa letra de Paula Carballeira. Atención ao instrumento, fixádevos ben, é moi curioso...

Non vos entraron ganas de cantar un pouco? A min si!!
Preparámonos entonando a escala con Daily Do



Agora imos lembrar o Papagaio loiro, a canción do Coro das Emocións que practicamos coa aula de Infantil 4 anos.

 Primeiro cantamos con xestos...

E agora co acompañamento da harpa. Vosoutros facede os xestos, que eu non dou!! Jajaja

 Espero que o pasedes moi ben cos contos e os cantos... unha aperta e ata pronto!!

1 comentario:

  1. Moitas grazas por compartir esta fermosa versión dos sete ananiños.
    Os xestos para a escala musical todavía temos que practicalos un pouquiño, jajaja!

    ResponderEliminar

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...