miércoles, 3 de junio de 2020

Ritmo para tocar, bailar e cantar!

      Olaa! Aquí estamos de novo, navegantes. Que tal se hoxe comezamos cun pouco de ritmo? Con este vídeo do profesor Morales, temos que ir seguindo as imaxes e acompañar a música da porquiña máis famosa da tele con palmas ou calar nos silencios. Imos aló!


Tamén imos lembrar esa canción tan chula que estuvemos a traballar coa aula de 5 anos no coro das emocións "Amodiño" de Luis Vallecillo. 

Espero que o pasarades ben cantando e bailando con moito ritmo! Ata outra, unha forte aperta

martes, 2 de junio de 2020

Cantando con ritmo

      Ola, xentes curiosas! Hoxe imos traballar co ritmo. Primeiro, vos propoño practicar coas figuras da negra e dúas corcheas. Lembrade que

unha negra soa longa (ta ou unha palmada) e 
dúas corcheas son dúas curtas (ti-ti ou dúas palmadas curtas)

     Imos agora practicar co video creado por Visual Musical Minds

E coa canción POLO do profesor Pedro Morales. Atentos, nesta canción traballaremos o silencio de negra, cando apareza temos que calar un tempo 😶

Espero que o pasarades ben repasando as figuras rítmicas! Vouvos facer dúas preguntiñas...

1. Cal é a figura máis curta: negra, corchea ou silencio de negra?
2 Cal é a figura que non soa: negra, corchea ou silencio de negra?

As respostas coma sempre, no meu correo colexioflavia3@gmail.com
Dous biquiños de corchea ♫mua-mua!

Experimentando co son

Ola navegantes! Hoxe vos propoño crear un instrumento con botellas e auga, experimentando cómo pode cambiar o son dependendo do nivel de auga en cada recipiente.
       Primeiro vouvos mostrar cantos xeitos hai para facer soar unha botella. Soprando, percutindo...
      Agora, intentádeo vosoutros! Buscade unhas cantas botellas de vidro baleiras e probade a enchelas con diferentes niveis de auga. Golpeade nelas cunha culler de pau e observade qué sucede... Cal soa máis grave, cal soa máis aguda? Qué sucede se quitamos ou poñemos máis auga,cómo cambia o son?

Tamén podedes intentar soprar nelas como no vídeo, é un pouco máis difícil facelas soar así, pero é moi divertido intentalo. Por último, podedes inventar unha canción coas vosas botellas sonoras...
      Contádeme as vosas conclusións e que tal vos saeu este experimento ao correo colexioflavia3@gmail.com
Unha aperta e ata a próxima!

lunes, 1 de junio de 2020

Os primeiros instrumentos

      Ola, xentes curiosas! Que credes vós que inventarían primeiro os seres humanos da Prehistoria, o ritmo ou o canto? Que misterio, verdade? Cal sería o instrumento musical máis antigo?
Todos os investigadores están de acordo en sinalar a voz como o primeiro instrumento utilizado pola humanidade na Prehistoria, despois o seguinte paso sería probar a golpear rítmicamente pedras ou paus, nacendo os primeiros instrumentos de percusión...
Xa se atoparon restos de instrumentos musicais nos xacementos arqueolóxicos, coma esta frauta
      Aquí podedes ler máis sobre este instrumento, atopouse en Alemania e ten uns 43.000 anos de antigüidade. 

      Tamén se construiron tambores, de corpo de madeira ou barro cocido e pel tensada. Algúns dos máis antigos atopados nos xacementos arqueolóxicos teñen 6000 anos.

Duns 5.000 anos de antigüidade son os primeiros instrumentos de corda atopados polos arqueólogos. As famosas Liras de Ur gárdanse no museo Británico, en Londres
Aquí aparece un músico tocando unha destas liras.

      Só nos queda escoitar cómo soarían algúns destes instrumentos... Imposible? Non! Aquí tedes uns vídeos onde podemos escoitar como soan as reproduccións dunha frauta paleolítica, un litófono neolítico e unha das liras sumerias.






      Espero que esta viaxe aos inicios da historia da música vos prestara... Lembrade que podedes enviar os vosos comentarios, ou votar polo voso instrumento favorito dos aquí presentados no correo...
colexioflavia3@gmail.com

Unha forte aperta e ata outra!

viernes, 29 de mayo de 2020

Despedindo a semana e o mes de maio

Ola, navegantes!
Aquí veredes algúns vídeos dos compañeiros e compañeiras facendo soar os instrumentos construidos por eles e as familias. Quedaron moi chulos!!
Lucía Castro Rodríguez, 4º A  Albuche de cana


Tania Rey Vecino, 4ºA, Albuche de cana


David Pérez Santos, 5ºB, asubío de bugallo 


María Veiga Domínguez, 5ºB, asubío de abelá


Tamén vos compartimos un fermoso debuxo de Iker Filgueira Valverde, 5ºA

 Así rematamos a semana, e con ela o mes de maio. 
Un dos meses que máis poetas inspirou, e tamén moita música... 
Este é un poema de Rosalía cantado por Uxía Senlle


Que pasedes unha boa fin de semana, ata o luns!
💓😘💓

jueves, 28 de mayo de 2020

Contos e cantos

      Ola, xentes curiosas! Hoxe para comezar o día tráiovos esta cantiga sobre Branca de Neve e os seus amigos os ananiños. Pero... cantos ananiños eran? Mmmm deixádeme pensar... Case mellor escoitamos a Germán Díaz cantarnos esta preciosa letra de Paula Carballeira. Atención ao instrumento, fixádevos ben, é moi curioso...

Non vos entraron ganas de cantar un pouco? A min si!!
Preparámonos entonando a escala con Daily Do



Agora imos lembrar o Papagaio loiro, a canción do Coro das Emocións que practicamos coa aula de Infantil 4 anos.

 Primeiro cantamos con xestos...

E agora co acompañamento da harpa. Vosoutros facede os xestos, que eu non dou!! Jajaja

 Espero que o pasedes moi ben cos contos e os cantos... unha aperta e ata pronto!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

O pentagrama, onde viven as notas

Ola navegantes! Hoxe vouvos falar do pentagrama... lembrades o que era o pentagrama?
Este é o PENTAGRAMA, 5 liñas e catro espazos. Contádeos ben, a ver se están todas e todos!
Ao principio do pentagrama escríbese a clave, esta é a CLAVE DE SOL

O PENTAGRAMA é a casiña das notas, cada unha ten o seu lugar. 
Aquí vedes as notas SOL e MI cada unha no seu sitio. SOL vive na 2ª liña e MI vive na 1ª liña.
Tedes un pequeno traballo sobre o pentagrama (descargar a ficha aquí debaixo)
Prazo de entrega: dúas semanas (ata o luns 8 de xuño) Como enviar o traballo? Fotografiar ou escanear a ficha cuberta e mandala ao correo colexioflavia3@gmail.com

E para rematar, imos cantar a nosa canción do Pentagrama... are you ready?

Un biquiño e ata outra!


Ritmo para tocar, bailar e cantar!

      Olaa! Aquí estamos de novo, navegantes. Que tal se hoxe comezamos cun pouco de ritmo? Con este vídeo do profesor Morales , temos que ...