martes, 14 de abril de 2020

Percutindo na cociña

      Ola a todos! Aquí seguimos, resistindo o confinamento na nave das artes. Hoxe vos propoño navegar e explorar pola web dos recursos ofertados polo programa de Educación Responsable, que estamos a desenvolver no noso colexio. Nela atoparedes actividades para o traballo das emocións, descobertas polos mundos da arte, literatura, e por suposto da música co Coro das Emocións


      Por suposto, iremos acompañándovos na exploración e descoberta destas actividades nos vindeiros días... Por exemplo, hai unha actividade para descubrir como soan as cousas da casa. Na cociña hai un montón de sons escondidos esperando a que os probemos. Mirade neste vídeo que peza de percusión máis chula con obxectos do máis común. "Kitchen Music"


      Espero que vos sirva de inspiración. Lembrade que se vos animades a levar a cabo calquera destas actividades ou queredes recomendar outras actividades artísticas, podedes compartir o resultado enlazando nos comentarios do blog, ou no meu correo 
colexioflavia3@gmail.com
      Unha grande aperta da vosa profe de música.

13 comentarios:

  1. Que actividades máis entretidas! Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Moi divertido!!! a Martín encantoulle!!!
    Gracias

    ResponderEliminar
  3. Moi divertida!!!!
    Gustóunos moito buscar cacharros que fixeran música!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, é moi divertido nosoutras tamén o fixemos, jeje. Unha aperta

      Eliminar
  4. Respuestas
    1. Que ben! é xenial experimentar cos sons das cousas da casa, una aperta.

      Eliminar
  5. A Manuel L. gustanlle moito os ritmos!! Este encantoulle!! Moitas grazas!!

    ResponderEliminar
  6. Ágora xa temos orquestra cando recollemos a cociña, váleslles calquera cousa 😃😃😃...

    ResponderEliminar

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...