viernes, 19 de junio de 2020

A despedida do curso imos dando

Ola a todos eses navegantes! Aquí estamos, despedindo o curso... como pasa o tempo.
Hoxe quero agradecer, como dixen na páxina web do cole:

MOITAS GRAZAS Á COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP FLAVIA

Grazas ás familias, ao alumnado, ao equipo docente e traballadores do colexio, porque cada quen aportou o mellor que podía para levar adiante este curso nas circunstancias excepcionais dunha emerxencia sanitaria. Dende a área de educación artística, tentamos axudar acompañando e proporcionando ferramentas expresivas que facilitaran este duro percorrido emocional. Espero ter axudado un pouco a que fose máis levadeiro e desexo que o vindeiro curso podamos volver a aprender e a convivir xuntos nas aulas.

UNHA FORTE APERTA

P

Como non podía ser doutro xeito, despedimos este curso con música. Coas voces do coro infantil e xuvenil "One Voice" interpretando o tema "Believer" do grupo Imagine Dragons

A letra fala de como a dor nos fai máis fortes...

Por certo... o blogue de música seguirá activo durante o verán! 

Estade 👀atentos👀 porque de vez en cando aparecerá algunha sorpresa...😉

Unha forte aperta, navegantes!!😘💗💜💛💚💙

jueves, 18 de junio de 2020

Máis experimentos co son

    Ola, navegantes! Hoxe quero seguir explorando con vós o Chrome music lab, unha web desenvolvida por Google, da que xa vimos algunhas cousas a semana pasada. Vouvos mostrar un xogo para crear melodías que se chama Melody maker. Fixádevos que ademais da altura e duración do son, podemos escoller a velocidade á que será reproducida a nosa melodía.

 Clicade aquí abaixo para probar o xogo


E se queredes "ver" a onda sonora dos instrumentos ou mesmo da vosa propia voz, 
probade a xogar co espectrograma!

Clicade aquí abaixo para probar o xogo


Xa me contaredes se vos gustaron estes experimentos... un biquiño e ata outra

miércoles, 17 de junio de 2020

Contar e xogar, todo é comezar

    Ola navegantes! Hoxe quérovos mostrar este conto sobre o valor da tolerancia e da convivencia. Relatado por Bea Campos e co acompañamento musical de David. Este vídeo foi creado polo Concello de Vigo para a campaña pola educación en valores " Impórtanos".

Que tal, gustouvos o conto?
Tamén podemos xogar con este simpático mago a distinguir os sons graves dos agudos con este xogo online da web Cokitos
 Probamos a xogar? Clica no enlace aquí abaixo
Espero que vos prestaran estas propostas, un biquiño e... ata outra!

lunes, 15 de junio de 2020


Ola, xentes curiosas! Que tal esa memoria? Podemos poñela a proba cun memory de instrumentos musicais... grazas á paxina web Aprendo Musica con las Tic

Clicade nos seguintes enlaces para xogar




Tamén podemos xogar a identificar os instrumentos polo seu son... Imos aló


Para rematar, vouvos propoñer bailar un pouquiño no estilo Bollywood. Iso si, teremos que viaxar ata a India, nada menos!!


Agardo que vos gustaran estas propostas, unha forte aperta💖

Memories & Colors

Ola navegantes! Gustaríame comezar esta última semana do curso cunha preciosa versión da canción Memories (do grupo Maroon 5) interpretada pola agrupación vocal One voice children's choir. 
                          Aquí tedes un enlace para ler a letra en inglés e a tradución ao castelán. 

Tamén vos quero compartir un enlace para explorar o mundo das obras de arte organizadas polas cores. 
Se movedes a barra coas diferentes cores atoparedes unha gran selección de cadros de todas as épocas con esa cor predominante. Está moi chulo... Probamos? Facede clic no enlace aquí abaixo...



Espero que vos guste, unha forte aperta. Ata mañán, xente!



jueves, 11 de junio de 2020

Despedindo a semana

Ola a toda a xente! Aquí estamos rematando outra semana, e pouco a pouco xa se vai o último trimestre do curso. Hoxe imos disfrutar cos xilófonos de auga das nosas compañeiras de 4º A

Lucía Castro Rodríguez


e Ana Lucía Torres Duro


Durante esta semana tivemos no blogue diversos xogos para experimentar co son, a composición, as ondas sonoras, os sons agudos, medios e graves, etc... Un dos que máis gustou foi o dos macaquiños percusionistas, aquí tedes a opinión e demostración dun compañeiro

Alejandro Saldívar Paz, de 2º A



E para rematar, déixovos cunha música mariñeira e animosa... a versión do dúo de violoncellos 2CELLOS da BSO da película "Piratas do Caribe"


 Ata o luns, navegantes! Que pasedes boa fin de semana😘



Formiguiñas e carillóns virtuais

Ola, navegantes! Hoxe traio a formiguiña máis famosa, da man de María Fumaça para cantar e bailar. Cantas veces a bailamos nas aulas! Lembrades? Fun ao mercado...



Tamén vos quería mostrar un carillón virtual. Que como é un carillón? Pois mirade...

Estes son os carillóns que hai na aula de música. Pero aquí tedes un xogo moi lindo para tocar diferentes carillóns no ordenador



Esta semana propóñovos que probedes a explorar o blogue tamén nos artigos etiquetados para outros grupos, porque podedes atopar cousas moi chulas e interesantes para todas as idades.
Se queres contarme que tal che foi con estes xogos ou tes algunha dúbida, coma sempre no correo colexioflavia3@gmail.com
Espero que o pasedes moi ben, un biquiño, e ata outra
😉💓


miércoles, 10 de junio de 2020

A irmandade das artes: música e pintura

Ola, xentes curiosas!
Moitas veces falamos de que as artes son todas irmás porque entre elas relaciónanse, danse da man e inspiranse mutuamente...
Hoxe vos traio a historia da vida dun importante pintor do século XX, Kandinsky. Algúns compañeiros e compañeiras xa traballaron as obras deste artista na clase... lembrades?


Aquí tedes tamén un precioso xogo no que podemos pintar na pantalla imitando as pinceladas de Kandinsky e despois... oh! dámoslle a play e a pintura soa


Para xogar, clicade neste enlace aquí abaixo


Esta semana propóñovos que probedes a explorar o blogue tamén nos artigos etiquetados para outros grupos, porque podedes atopar cousas moi chulas e interesantes para todas as idades.
Se queres contarme que tal che foi con estes xogos ou tes algunha dúbida, coma sempre no correo colexioflavia3@gmail.com
Espero que o pasedes moi ben, un biquiño, e ata outra
😉💓


lunes, 8 de junio de 2020

Experimentando co son

Ola navegantes! Hoxe vos traio unha divertida canción de Liuba María Hevia, lembrades a canción do elefante na arañeira? Pois nesta versión coñeceremos aos elefantes do mundo e a unha araña que pasa uns traballos...

Tamén vos propoño este xogo de creación de ritmos no que podedes ir marcando qué instrumento queremos que soe, o máis grave, o medio ou o agudo. Distingues cales son?

Clica aquí abaixo para probar este xogo do ritmo

Esta semana propóñovos que probedes a explorar o blogue tamén nos artigos etiquetados para outros grupos, porque podedes atopar cousas moi chulas e interesantes para todas as idades.
Se queres contarme que tal che foi con estes xogos ou tes algunha dúbida, coma sempre no correo colexioflavia3@gmail.com
Espero que o pasedes moi ben, un biquiño, e ata outra
😉💓

Xogando a compoñer

Ola xentes curiosas! Queredes sentir cómo sería escribir nun pentagrama e escoitar despois como soa o escrito?
Pois aquí podedes probalo, neste xogo chamado Toy theater


Clicade aqui abaixo e... a compoñer!!



Outra cousa ben chula sería tocar nun piano e ver como vibran as moléculas do aire co son, como se producen as ondas sonoras... non si? Pois tamén o imos probar con este xogo, chamado SoundWaves


Clica aquí abaixo para comezar


Esta semana propóñovos que probedes a explorar o blogue tamén nos artigos etiquetados para outros grupos, porque podedes atopar cousas moi chulas e interesantes para todas as idades.
Se queres contarme que tal che foi con estes xogos ou tes algunha dúbida, coma sempre no correo colexioflavia3@gmail.com
Un biquiño, e ata outra!!

jueves, 4 de junio de 2020

Despedindo a semana

      Ola, navegantes das redes! Aquí temos para despedir a semana, algúns vídeos súper chulos dos compañeiros e compañeiras do colexio Flavia. Moitas grazas a esas familias colaboradoras e creativas!
Xela e Mariña Sande Vizcaya (Infantil 3 anos e 2º A) presentan... o valse das flores! 
Un precioso traballo de expresión corporal coa música do sr. Tchaikovsky

Carlos Rey Fontaíña (2ºB) nos vai mostrar como soa o seu silbato de palla


Noemi e Antía Dios Blanco (2º A e Infantil 4 anos) presentan un montón de vídeos coas súas actividades de música
O primeiro, bailando unha danza irlandesa moi divertida


Despois, entonando a escala co Daily Do...


Cantando a canción do pentagrama...


Cantando a canción tradicional do Brasil "Papagaio loiro"



E finalizamos practicando a lectura rítmica... 




Moitísimas grazas a todos estes artistas que fan do mundo un lugar máis ledo e amable!!
😍😍😍👏👏👏👏
Unha aperta para toda a xente e ata outra



miércoles, 3 de junio de 2020

Ritmo para tocar, bailar e cantar!

      Olaa! Aquí estamos de novo, navegantes. Que tal se hoxe comezamos cun pouco de ritmo? Con este vídeo do profesor Morales, temos que ir seguindo as imaxes e acompañar a música da porquiña máis famosa da tele con palmas ou calar nos silencios. Imos aló!


Tamén imos lembrar esa canción tan chula que estuvemos a traballar coa aula de 5 anos no coro das emocións "Amodiño" de Luis Vallecillo. 

Espero que o pasarades ben cantando e bailando con moito ritmo! Ata outra, unha forte aperta

martes, 2 de junio de 2020

Cantando con ritmo

      Ola, xentes curiosas! Hoxe imos traballar co ritmo. Primeiro, vos propoño practicar coas figuras da negra e dúas corcheas. Lembrade que

unha negra soa longa (ta ou unha palmada) e 
dúas corcheas son dúas curtas (ti-ti ou dúas palmadas curtas)

     Imos agora practicar co video creado por Visual Musical Minds

E coa canción POLO do profesor Pedro Morales. Atentos, nesta canción traballaremos o silencio de negra, cando apareza temos que calar un tempo 😶

Espero que o pasarades ben repasando as figuras rítmicas! Vouvos facer dúas preguntiñas...

1. Cal é a figura máis curta: negra, corchea ou silencio de negra?
2 Cal é a figura que non soa: negra, corchea ou silencio de negra?

As respostas coma sempre, no meu correo colexioflavia3@gmail.com
Dous biquiños de corchea ♫mua-mua!

Experimentando co son

Ola navegantes! Hoxe vos propoño crear un instrumento con botellas e auga, experimentando cómo pode cambiar o son dependendo do nivel de auga en cada recipiente.
       Primeiro vouvos mostrar cantos xeitos hai para facer soar unha botella. Soprando, percutindo...
      Agora, intentádeo vosoutros! Buscade unhas cantas botellas de vidro baleiras e probade a enchelas con diferentes niveis de auga. Golpeade nelas cunha culler de pau e observade qué sucede... Cal soa máis grave, cal soa máis aguda? Qué sucede se quitamos ou poñemos máis auga,cómo cambia o son?

Tamén podedes intentar soprar nelas como no vídeo, é un pouco máis difícil facelas soar así, pero é moi divertido intentalo. Por último, podedes inventar unha canción coas vosas botellas sonoras...
      Contádeme as vosas conclusións e que tal vos saeu este experimento ao correo colexioflavia3@gmail.com
Unha aperta e ata a próxima!

lunes, 1 de junio de 2020

Os primeiros instrumentos

      Ola, xentes curiosas! Que credes vós que inventarían primeiro os seres humanos da Prehistoria, o ritmo ou o canto? Que misterio, verdade? Cal sería o instrumento musical máis antigo?
Todos os investigadores están de acordo en sinalar a voz como o primeiro instrumento utilizado pola humanidade na Prehistoria, despois o seguinte paso sería probar a golpear rítmicamente pedras ou paus, nacendo os primeiros instrumentos de percusión...
Xa se atoparon restos de instrumentos musicais nos xacementos arqueolóxicos, coma esta frauta
      Aquí podedes ler máis sobre este instrumento, atopouse en Alemania e ten uns 43.000 anos de antigüidade. 

      Tamén se construiron tambores, de corpo de madeira ou barro cocido e pel tensada. Algúns dos máis antigos atopados nos xacementos arqueolóxicos teñen 6000 anos.

Duns 5.000 anos de antigüidade son os primeiros instrumentos de corda atopados polos arqueólogos. As famosas Liras de Ur gárdanse no museo Británico, en Londres
Aquí aparece un músico tocando unha destas liras.

      Só nos queda escoitar cómo soarían algúns destes instrumentos... Imposible? Non! Aquí tedes uns vídeos onde podemos escoitar como soan as reproduccións dunha frauta paleolítica, un litófono neolítico e unha das liras sumerias.






      Espero que esta viaxe aos inicios da historia da música vos prestara... Lembrade que podedes enviar os vosos comentarios, ou votar polo voso instrumento favorito dos aquí presentados no correo...
colexioflavia3@gmail.com

Unha forte aperta e ata outra!

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...