Este é o PENTAGRAMA, 5 liñas e catro espazos. Contádeos ben, a ver se están todas e todos!
Ao principio do pentagrama escríbese a clave, esta é a CLAVE DE SOL
O PENTAGRAMA é a casiña das notas, cada unha ten o seu lugar.
Aquí vedes as notas SOL e MI cada unha no seu sitio. SOL vive na 2ª liña e MI vive na 1ª liña.
Tedes un pequeno traballo sobre o pentagrama (descargar a ficha aquí debaixo)
Prazo
de entrega: dúas semanas (ata o luns 8 de xuño) Como enviar o traballo?
Fotografiar ou escanear a ficha cuberta e mandala ao correo colexioflavia3@gmail.com
E para rematar, imos cantar a nosa canción do Pentagrama... are you ready?
Un biquiño e ata outra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario