domingo, 29 de marzo de 2020

Debuxando o meu recuncho favorito

Ola! Aquí seguimos, coas artes a voltas... hoxe teño una proposta para todos, pequenos, medianos e adultos. Trátase de buscar o voso recuncho favorito da casa e debuxalo. Se vos animades con este pequeño reto, podedes enviar o voso debuxo ao correo
e faremos una galería virtual con eles. Que vos parece, animádevos?
Aquí vos comparto meu recuncho favorito...

Un saúdo e que as Artes nos acompañen!

jueves, 26 de marzo de 2020

Percutindo pasa o tempo!

    Ola! Sabedes que non son necesarios grandes medios para pasar un bo rato coa música. Hoxe vos propoño xogar coa percusión. Percutir no noso corpo ou aprender a facer ritmos moi chulos cun simple vaso de plástico... como vedes son actividades que están ao alcance de calquera. E se vos presta, encantaríame recibir as vosas mensaxes contándome qué tal foi a experiencia ou incluso alguna grabación. Ánimádevos e expresade ese ritmo que tedes dentro!
    Estes dous videos ensinan a facer ritmos básicos cun simple vaso de plástico. Están pensados para a rapazada de 3º ata 6º de Primaria.
 
 
    E cando xa teñades collido un pouco de práctica... que tal se acompañamos percutindo cun vaso unha canción tan marchosa como Uptown funk? Que o ritmo non pare!
 
     Para 1º e 2º de Primaria propoño esta percusión corporal sobre a famosa marcha Radetzky de Strauss. A galopar!
 
    Y para a rapazada de Infantil aquí vai un vídeo de percusión corporal con canción que nos vai ensinando os movementos.
 
 
TODO O MUNDO A PERCUTIR! XA ME CONTAREDES SE VOS GUSTOU...

 


martes, 24 de marzo de 2020

Danzando na casa


Ola, xentes curiosas!
    Que por qué me gustan as xentes curiosas? Contareivos un segredo… eu tamén son moi curiosa e creo que o primeiro que precisamos para ser artistas é ter una mente curiosa e a mirada aberta…
    Hoxe traio unhas propostas para bailar...
A primeira, unha danza moi sinxela que os nenos de 3 a 7 anos do ceip Flavia coñecen ben, a danza dos sete saltos.Aquí tedes o enlace á dous videos, o primeiro, da mestra Elizabeth Johnsson no que vemos moi ben os pasos aínda que a música escóitase baixiño…

No segundo, un video da nos canle de YouTube coa música algo máis alta e o sr. Mono Verde bailando...

    E por último, outro éxito no noso cole, sobre todo nas aulas de 3 a 6 anos. O xogo da carrasquiña, do grupo Pesdelán.
 
     A mover o corpo! E que as artes sempre vos acompañen...

lunes, 23 de marzo de 2020

Ola,ola! E este blogue de quen vén sendo?


    Ola! O primeiro é presentarse, non? Eu son Nuria de León, mestra de Educación Artística no ceip Flavia de Padrón. Fixen este blogue coa idea de achegar ao alumnado do noso cole, e ao público en xeral ideas e recursos para que as Artes nos acompañen na vida diaria. Especialmente agora que nos temos que adaptar a tantos cambios, non hai cole, temos que estar na casa...
    Se sodes xente curiosa coma min, preguntaredes… pero que son as musas? Pois as musas para os antigos gregos eran unhas deusas menores (algo así como unhas fadas) que axudaban ás persoas creativas dándolles ideas para as súas obras.
    Aquí veredes os seus nomes e especialidades, ademáis na parte superior da imaxe aparecen os seus país na mitoloxía grega (Zeus e Mnemosine). Se facedes click no enlace baixo a imaxe, aínda podedes aprender un pouco máis sobre elas.
 
    Así que agora xa sabedes quen son, de onde vén o nome deste blogue e onde buscarme. Vémonos! Con máis cousiñas para xente curiosa...
 

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...