jueves, 26 de marzo de 2020

Percutindo pasa o tempo!

    Ola! Sabedes que non son necesarios grandes medios para pasar un bo rato coa música. Hoxe vos propoño xogar coa percusión. Percutir no noso corpo ou aprender a facer ritmos moi chulos cun simple vaso de plástico... como vedes son actividades que están ao alcance de calquera. E se vos presta, encantaríame recibir as vosas mensaxes contándome qué tal foi a experiencia ou incluso alguna grabación. Ánimádevos e expresade ese ritmo que tedes dentro!
    Estes dous videos ensinan a facer ritmos básicos cun simple vaso de plástico. Están pensados para a rapazada de 3º ata 6º de Primaria.
 
 
    E cando xa teñades collido un pouco de práctica... que tal se acompañamos percutindo cun vaso unha canción tan marchosa como Uptown funk? Que o ritmo non pare!
 
     Para 1º e 2º de Primaria propoño esta percusión corporal sobre a famosa marcha Radetzky de Strauss. A galopar!
 
    Y para a rapazada de Infantil aquí vai un vídeo de percusión corporal con canción que nos vai ensinando os movementos.
 
 
TODO O MUNDO A PERCUTIR! XA ME CONTAREDES SE VOS GUSTOU...

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...