lunes, 23 de marzo de 2020

Ola,ola! E este blogue de quen vén sendo?


    Ola! O primeiro é presentarse, non? Eu son Nuria de León, mestra de Educación Artística no ceip Flavia de Padrón. Fixen este blogue coa idea de achegar ao alumnado do noso cole, e ao público en xeral ideas e recursos para que as Artes nos acompañen na vida diaria. Especialmente agora que nos temos que adaptar a tantos cambios, non hai cole, temos que estar na casa...
    Se sodes xente curiosa coma min, preguntaredes… pero que son as musas? Pois as musas para os antigos gregos eran unhas deusas menores (algo así como unhas fadas) que axudaban ás persoas creativas dándolles ideas para as súas obras.
    Aquí veredes os seus nomes e especialidades, ademáis na parte superior da imaxe aparecen os seus país na mitoloxía grega (Zeus e Mnemosine). Se facedes click no enlace baixo a imaxe, aínda podedes aprender un pouco máis sobre elas.
 
    Así que agora xa sabedes quen son, de onde vén o nome deste blogue e onde buscarme. Vémonos! Con máis cousiñas para xente curiosa...
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...