E xa despedimos a semana cun vídeo das nosas compañeiras Noemi e Antía, que cantaron, bailaron, solfexaron cos xestos a escala de Do e adiviñaron sons dos animais… unha semana ben entretidiña!
Tamén nos comparten este vídeo Mario e Adriana González, xogando a experimentar cos sons da casa.
Moitas grazas a todos os compañeiros que nos compartiron vídeos, comentarios, etc...
Con moito agarimo vos desexo que o pasedes ben nestes días. Ata o luns navegantes!!
Ola, navegantes, qué tal estades hoxe? Eu hoxe levanteime con ganas de... construir un instrumento! Así que veña, imos ver cómo Deva nos explica qué precisamos e cómo construir unha estupenda maraca de arroz.
Cando xa teñades as vosas maracas, podémolas estrear acompañando unha audición: un fragmento da obra "Peer Gynt" do compositor Edvar Grieg. Vouvos propoñer seguir o pulso, como nos indican na primeira das actividades de música propostas por Educación Responsable para facer na casa.
E como é iso de seguir o pulso? Pois moi fácil, o pulso é como o corazón da música, una percusión sempre igual, continua.
Pero cando corremos, o noso pulso acelérase, non si? Pois na música pasa igual, e cando a música vaia máis rápido, nosoutros tamén aceleraremos con ela. Preparados? Imos!
Xa sabedes que me podedes contar que tal foi esta actividade nos comentarios do blogue ou no correo
Ola navegantes! Hoxe é o día da Danza, así que o primeiro que vos vou propoñer é mover o corpo con esta proposta do Salón do libro de Pontevedra. Este curso non imos poder ir de excursión alí como outros anos, pero sí podemos acudir virtualmente e asistir a unha marabillosa actividade de danza co grupo Pesdelán. As 12, lembrade conectar coa canle de Youtube do Salon do libro de Pontevedra e... a gozar coa danza!
Tamén vos quero propoñer unha canción súper chula para practicar as intensidades da música. Mentres cantamos a canción coa simpática orquestra de animáis temos que fixarnos moito! Porque a música ás veces soa moi suave (pianissimo), suave (piano), forte ou fortissimo... Mesmo podemos dirixir a orquestra! Fixádevos na vaca directora, imos imitar os seus xestos: mansarriba para o forte, mans abaixo para o piano. Imos aló!
Que pasedes un bo día danzando e cantando... Unha fortissima aperta
Ola, xente! Esta é a entrada adicada aos niveis de 3º e 4º de Primaria, pero xa sabedes que estamos abertos á colaboración de calquera navegante. Se este proxecto te motiva, adiante! Non vos cortedes de participar.
Hoxe vouvos propoñer que presentedes a vosa música favorita. Os pasos para realizar o traballo serían:
1.
Elixe unha música que che encante escoitar.
2.
Quen a inventou, quen é o compositor ou compositora? 3.
Quen a toca, quen é o intérprete? 4.
Cal cres que é o estilo da túa música favorita?
Clásica
Jazz
Pop
Rap
Tradicional
ou folque
Outros
5.
Cóntanos por qué che gusta esta música e que sintes cando a
escoitas (relax, alegría, tristeza, sorpresa…). Podes observar
cómo reacciona teu corpo (ganas de moverse, ou de estar tumbado,
pechar os ollos, berrar…) 6.
Fai un debuxo e busca unha imaxe que represente a túa música. 7.
Escribe os resultados da túa investigación na ficha (clica no enlace aquí debaixo)
Como
enviar o traballo?
Fotografiar ou escanear a ficha cuberta e mandala ao correo
colexioflavia3@gmail.com
Veña, que empezo eu presentándovos una das miñas músicas favoritas (teño moitas...😉)
A MIN ENCÁNTAME ESCOITAR...
DABA, DA ARTISTA MARROQUÍ OUM
A cantante chámase Oum El Ghaït BentelSahrawy, ela compón e canta as súas cancións. Tamén fixo os debuxos que aparecen como animacións no vídeo.
Na súa música mestura diferentes estilos: soul, jazz, electrónica, música tradicional do Sáhara (usa moito a lingua Hassani propia das culturas do deserto) e ritmos africanos...
A canción chámase Daba, isto significa "Agora" e fala do importante que é saber parar e vivir con tranquilidade, frear ese ritmo tan acelerado e estresante ao que nos leva a vida nestes tempos modernos. Parece moi apropiado para quedar na casa non é?
Cando escoito esta canción sinto paz, pero ao mesmo tempo dáme gana de bailar, de moverme e deixarme levar sen pensar en nada, como se eu fose a auga dun río que está sempre a andar ou unha árbore movéndose co vento...
Aquí vos poño un debuxo que expresa un pouco o que sinto…
Se vos gustan estes efectos coas acuarelas, son moi divertidos e fáciles de facer. Primeiro hai que mollar una cartulina ou papel grueso un pouco co pincel. Despois imos deixando ir manchas de cor que se xunten un pouco entre elas, poñemos uns grans de sal grosa por riba e deixamos secar ben (podemos acelerar o proceso cun secador). Cando estea ben seco, pintamos a árbore ou outra figura con pintura negra ben cargada e as estreliñas máis a lúa con témpera branca.
Ola, navegantes! Benvidos á última semana de abril. Espero que todos esteades ben e con ganas de investigar porque hoxe vos propoño... un traballo detectivesco!
Moitas gracias a Mª Jesús Camino Rentería por este precioso cartel que compartimos aquí.
Vouvos explicar o traballo de investigación, atentos!
1.
Elexir do listado o compositor ou compositora sobre o que queres
investigar.
2.
Investiga: lugar de nacemento e morte, biografía, obras (elixe unha
para escoitar e dinos que che pareceu)
3.
Cóntanos onde atopaches a información (libros, web, etc.)
4.
Engade unha imaxe do compositor/a e un debuxo (técnica libre) que
represente a música que escoitache.
5.
Usa a ficha para plasmar o teu traballo. (imprime a ficha que che sae clicando aquí debaixo) FICHA TRABALLO COMPOSITORES 6.
Ordea na liña do tempo os 16 autores e autoras propostos. Onde vai o
teu?
7.
Os traballos publicaranse no blogue de música ordeados
cronolóxicamente.
Listado
de compositores e compositoras
1.
Rosa García Ascot
2.
Martín Códax
3.
Francesca Caccini 4. Claudio Monteverdi
5.
Wolfang Amadeus Mozart
6.
Ludwig van Beethoven
7.Antonio
Vivaldi
8.
Hildegard de Bingen
9.
Johann Sebastian Bach
10. Cècile Chaminade
11.
Nadia Juliette Boulanger
12.
Piotr Ilich Tchaikovsky
13.
Claude Debussy
14.
Manuel de Falla
15.
Clara Schumann
16.
Igor Stravinsky
Prazo
de entrega:
dúas semanas (ata o luns 11 de maio)
Como
enviar o traballo?
Fotografiar ou escanear a ficha cuberta e mandala ao correo
colexioflavia3@gmail.com
Rematamos unha semaniña máis, navegantes do confín da Terra. Nesta semana tuvemos dúas conmemoracións moi bonitas, o día da Terra e o día do Libro, que podemos seguir a celebrar cada día! Tamén tuvemos todo tipo de actividades e propostas: vimos aos artistas de Infantil tocando e percutindo con canta cousa atoparon pola casa, bailamos cos peixiños de Saint-Säens, construimos frautas, xogamos a aprender ritmos e notas, un pouo de todo!!
A partires da semana que vén as entradas para cada grupo de idade estarán repartidas por días, deste xeito:
Luns: 5º e 6º de Primaria
Martes: 3º e 4º de Primaria
Mércores: 1º e 2º de Primaria
Xoves: Educación Infantil
Venres: Común (se queredes compartir vídeos, audios, mensaxes varias cos compañeiros, sairán publicadas os venres)
Por suposto, podedes explorar tooodas as entradas do blogue, xa sabedes que a mín encántame a xente curiosa!!
E tamén vos animo a compartir os vosos logros, sentimentos, como ides superando cada reto diario... mediante vídeos, audios, mensaxes que podedes enviar ao correo
Ola navegantes! Hoxe veño cunhas amigas, as figuras rítmicas e as notas musicais. Eu sei que xa as coñecedes, pero hai quen as confunde ou quen non se lembra moi ben dos seus nomes, para que serven… Así que mellor será repasar un pouco, para que non se nos enfaden... O primeiro, lembrade para que serven todas elas: NOTAS MUSICAIS E FIGURAS RITMICAS SERVEN PARA ESCRIBIR A MÚSICA.
FIGURAS RÍTMICAS
Se só queremos escribir un ritmo, só temos que definir a duración dos sons que forman o ritmo. Para isto, usamos as figuras rítmicas. Observa na seguinte imaxe canto dura cada figura e o seu silencio. Ollo, os silencios son tan importantes coma os sons!
O VALOR das figuras rítmicas, e decir, canto duran vén expresado nas rectas brancas e amarelas (negra=1, branca=2, redonda=4, corchea=medio, semicorchea=un cuarto e os seus silencios igual).
A EQUIVALENCIA entre as figuras rítmicas vén expresada nas "pizzas" e nas fraccións que expresan como podemos intercambiar as figuras. Se xogamos ao banco e as figuras fosen cartos, eu podo cambiar unha negra por catro corcheas? Nooon, só me darían dúas corcheas!! (un cero, Nuria, jaja).
NOTAS MUSICAIS
Se queremos escribir unha melodía, unha canción, imos ter que escribir a altura (ademáis do ritmo). Para iso usaremos o PENTAGRAMA e a CLAVE.
Colocando a clave ao inicio do pentagrama xa nos di o lugar que ocuparán as notas. Se usamos a clave de sol, a nota SOL vai estar na segunda liña e as outras nas liñas e espazos relativos, na orde da escala. Mmmm este pode ser un bo momento para cantar unha escala. Lembrades os signos das mans? Imos aló! Thanks to Serena Parker!
Agora fixádevos no lugar que ocupa cada nota no pentagrama con clave de Sol en 2a línea:
Como vedes, aquí as notas están escritas con figuras de redonda. Podemos escribir cada nota con calquera das diferentes figuras rítmicas para expresar canto dura cada nota. Neste outro exemplo, a escala de do está escrita con figuras de negra. Fixádevos cómo se escriben as plicas, as plicas das notas si e do agudo van para abaixo polo lado esquerdo.
E os silencios? Qué pensades, terán tamén o seu lugar no pentagrama? Pois os silencios non teñen un lugar fixo, simplemente escríbense no compás que corresponda. Excepto o silencio de branca, que vai enriba da 3ª liña ou o silencio de redonda que vai baixo da 4ª liña.
Ben, que tal? Xa tendes todo isto un pouco máis claro? Espero que si, porque agora ven....
O RETO!!!! Atrevédevos a facer este supertest e demostrade canto sabedes! Premede no enlace e despois xa me contades nos comentarios que tal vos foi ( e o nome que vos da a aplicación, vale?).