lunes, 1 de junio de 2020

Os primeiros instrumentos

      Ola, xentes curiosas! Que credes vós que inventarían primeiro os seres humanos da Prehistoria, o ritmo ou o canto? Que misterio, verdade? Cal sería o instrumento musical máis antigo?
Todos os investigadores están de acordo en sinalar a voz como o primeiro instrumento utilizado pola humanidade na Prehistoria, despois o seguinte paso sería probar a golpear rítmicamente pedras ou paus, nacendo os primeiros instrumentos de percusión...
Xa se atoparon restos de instrumentos musicais nos xacementos arqueolóxicos, coma esta frauta
      Aquí podedes ler máis sobre este instrumento, atopouse en Alemania e ten uns 43.000 anos de antigüidade. 

      Tamén se construiron tambores, de corpo de madeira ou barro cocido e pel tensada. Algúns dos máis antigos atopados nos xacementos arqueolóxicos teñen 6000 anos.

Duns 5.000 anos de antigüidade son os primeiros instrumentos de corda atopados polos arqueólogos. As famosas Liras de Ur gárdanse no museo Británico, en Londres
Aquí aparece un músico tocando unha destas liras.

      Só nos queda escoitar cómo soarían algúns destes instrumentos... Imposible? Non! Aquí tedes uns vídeos onde podemos escoitar como soan as reproduccións dunha frauta paleolítica, un litófono neolítico e unha das liras sumerias.






      Espero que esta viaxe aos inicios da historia da música vos prestara... Lembrade que podedes enviar os vosos comentarios, ou votar polo voso instrumento favorito dos aquí presentados no correo...
colexioflavia3@gmail.com

Unha forte aperta e ata outra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...