domingo, 3 de mayo de 2020

Cups!

      Ola xente curiosa! Hoxe vos traio un par de propostas para percutir con vasos acompañando dúas cancións moi coñecidas. Veña, ide buscar un par de vasos de material resistente (plástico duro, por exemplo) e imos aló!
      A primeira canción que imos acompañar é Havanna, de Camila Cabello.

    
      E a segunda, Dance Monkey, un éxito do noso antroido (lembrades? parece que pasou un milenio)

     A experimentar! Xa me contaredes que tal vos foi. Coma sempre, para compartir podedes usar o meu correo (para mandar mensaxes, vídeos, audios ou imaxes)
colexioflavia3@gmail.com
ou escribir nos comentarios do blogue (só texto).
      Por certo, xa van chegando ao correo moitos traballos sobre compositores (os que se propuxeron a semana pasada), os que aínda non o fixeron, animádevos a mandalo! Aínda estades en prazo, suben nota e sairán publicados a finais da semana que vén...
Apertas virtuais!

5 comentarios:

  1. Son Zoe gustoume moito e divertinme moito coa miña nai, que non ten ritmo ningún :) .

    ResponderEliminar
  2. Ola Zoe! Alégrome moito de que vos guste, é xenial probar a facer as actividades en familia. Un biquiño

    ResponderEliminar
  3. Hola soy Karen a mi me gusto mucho con los vasos nos pasamos pipas con mis padres

    ResponderEliminar
  4. Que ben, estou moi contenta de que vos animedes a probar estas actividades. Coa familia sempre é máis divertido e mellor! Un aplauso para esas familias musicais.
    Nuria

    ResponderEliminar
  5. Hola son Sara de 2B gustoume moito. E saleume moi ben.

    ResponderEliminar

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...