Ola a todos! Aquí seguimos, resistindo o confinamento na nave das artes. Hoxe vos propoño navegar e explorar pola web dos recursos ofertados polo programa de Educación Responsable, que estamos a desenvolver no noso colexio. Nela atoparedes actividades para o traballo das emocións, descobertas polos mundos da arte, literatura, e por suposto da música co Coro das Emocións
Por suposto, iremos acompañándovos na exploración e descoberta destas actividades nos vindeiros días... Por exemplo, hai unha actividade para descubrir como soan as cousas da casa. Na cociña hai un montón de sons escondidos esperando a que os probemos. Mirade neste vídeo que peza de percusión máis chula con obxectos do máis común. "Kitchen Music"
Espero que vos sirva de inspiración. Lembrade que se vos animades a levar a cabo calquera destas actividades ou queredes recomendar outras actividades artísticas, podedes compartir o resultado enlazando nos comentarios do blog, ou no meu correo
colexioflavia3@gmail.comUnha grande aperta da vosa profe de música.
Que actividades máis entretidas! Gracias.
ResponderEliminarGrazas a vós! Unha aperta
EliminarMoi divertido!!! a Martín encantoulle!!!
ResponderEliminarGracias
Alégrome, un biquiño
EliminarMoi divertida!!!!
ResponderEliminarGustóunos moito buscar cacharros que fixeran música!!!
Si, é moi divertido nosoutras tamén o fixemos, jeje. Unha aperta
EliminarMoi original e entretenida!!
ResponderEliminarGrazas! Unha forte aperta
EliminarA gael encantoulle
ResponderEliminarQue ben! é xenial experimentar cos sons das cousas da casa, una aperta.
EliminarA Manuel L. gustanlle moito os ritmos!! Este encantoulle!! Moitas grazas!!
ResponderEliminarEstupendo! Son uns artistas, un biquiño.
ResponderEliminarÁgora xa temos orquestra cando recollemos a cociña, váleslles calquera cousa 😃😃😃...
ResponderEliminar