martes, 21 de abril de 2020

Construindo e tocando!

      Ola, xentes curiosas! Este é un vídeo especialmente adicado aos frautistas de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria. Nel veredes como Abraham Cupeiro mostra como construir rápida e sinxelamente unha frautiña de caña. Por suposto, estas frautas tamén se poden facer cunha palla de centeo ou similar. Pero seguro que pola casa tendes algunha destas palliñas de refresco para darlles unha nova vida...


         
      Pois veña, a experimentar e buscarlle as voltas ao voso instrumento. Xa sabedes  que estou desexando ver o resultado! Podedes contarme qué tal vos foi, mesmo inventar unha canción coa vosa frauta de palla e compartila nun audio ou vídeo...
Coma sempre, enviade as vosas achegas  ao correo electrónico 
colexioflavia3@gmail.com
Ou escribindo nos comentarios deste blogue. 
                                             Unha aperta, e que as Artes nos acompañen!

3 comentarios:

  1. Holaaa somos Xian y Enzo ( de 5°B y 2°B), hemos hecho la flauta pero hay q soplar muy fuerte y nos cuesta 😊, no nos suena tan bien como al chico pero sí que suena. Gracias por la idea

    ResponderEliminar
  2. Hola, que pena que non teño pallinas na casa poderiase facer con outra cousa? Non se me ocorre nada

    ResponderEliminar
  3. Qué ben que vos funciona o invento! Ao mellor se facedes os cortes da boquilla un pouco mais longos ou os aplastades algo máis son mais fáciles para soprar. Unha aperta

    ResponderEliminar

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...