Ola navegantes! Esta entrada de hoxe está adicada especialmente aos exploradores de Infantil, pero calquera outro navegante pode disfrutala tamén sen problemas!
Hoxe vouvos propoñer unha actividade de música e movemento coa audición "Acuario" do compositor Camille de Saint-Säens.
Este compositor fíxose famoso pola súa obra "O Carnaval dos animais" e esta peza pertence a dita obra. Eu vos propoño bailar cun personaxe distinto en cada parte da obra. Se vos fixades no video con cada parte da música aparece un animal distinto.
Parte A: bailamos como peixes, desprazandonos polo espazo
Parte B: bailamos como estrelamar, abrindo pernas e brazos
Parte C: bailamos como cabaliños de mar ou camaróns, ondulando o corpo
Coda descendente: movemos os tentáculos como polbos e imos descendendo ata pousarnos no chan, no fondo do mar. Aquí podemos quedar uns segundos relaxados cos ollos pechados.
Outra proposta é facer o noso propio cadro do acuario mentres escoitamos música relaxante. Aquí van unhas ideas para inspirarse...
E para rematar, como hoxe é o día do Libro déixovos o contacontos do peixe Arcoíris, ese libro que temos na biblioteca do cole e que tanto vos gusta... Hoxe teredes contidos especiais no blogue e máis no Instagram da flavioteca.
Unha aperta peixiños e estrelamares!
Nos fixemos o Mar de nadarin!!!!
ResponderEliminarSi, xa mos mostrou Isa! Fermosísimos!
ResponderEliminar