domingo, 20 de diciembre de 2020

BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

 


AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERPRETADA POLO VOSO COMPAÑEIRO IVÁN CASAL TROÁNS DE 5ºB. 

MOITAS GRAZAS A IVÁN E A SÚA FAMILIA POR COMPARTIR, E FELICES FESTAS A TODOS!

🎅🎅🎅🎄🎄🎄


viernes, 19 de junio de 2020

A despedida do curso imos dando

Ola a todos eses navegantes! Aquí estamos, despedindo o curso... como pasa o tempo.
Hoxe quero agradecer, como dixen na páxina web do cole:

MOITAS GRAZAS Á COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP FLAVIA

Grazas ás familias, ao alumnado, ao equipo docente e traballadores do colexio, porque cada quen aportou o mellor que podía para levar adiante este curso nas circunstancias excepcionais dunha emerxencia sanitaria. Dende a área de educación artística, tentamos axudar acompañando e proporcionando ferramentas expresivas que facilitaran este duro percorrido emocional. Espero ter axudado un pouco a que fose máis levadeiro e desexo que o vindeiro curso podamos volver a aprender e a convivir xuntos nas aulas.

UNHA FORTE APERTA

P

Como non podía ser doutro xeito, despedimos este curso con música. Coas voces do coro infantil e xuvenil "One Voice" interpretando o tema "Believer" do grupo Imagine Dragons

A letra fala de como a dor nos fai máis fortes...

Por certo... o blogue de música seguirá activo durante o verán! 

Estade 👀atentos👀 porque de vez en cando aparecerá algunha sorpresa...😉

Unha forte aperta, navegantes!!😘💗💜💛💚💙

jueves, 18 de junio de 2020

Máis experimentos co son

    Ola, navegantes! Hoxe quero seguir explorando con vós o Chrome music lab, unha web desenvolvida por Google, da que xa vimos algunhas cousas a semana pasada. Vouvos mostrar un xogo para crear melodías que se chama Melody maker. Fixádevos que ademais da altura e duración do son, podemos escoller a velocidade á que será reproducida a nosa melodía.

 Clicade aquí abaixo para probar o xogo


E se queredes "ver" a onda sonora dos instrumentos ou mesmo da vosa propia voz, 
probade a xogar co espectrograma!

Clicade aquí abaixo para probar o xogo


Xa me contaredes se vos gustaron estes experimentos... un biquiño e ata outra

miércoles, 17 de junio de 2020

Contar e xogar, todo é comezar

    Ola navegantes! Hoxe quérovos mostrar este conto sobre o valor da tolerancia e da convivencia. Relatado por Bea Campos e co acompañamento musical de David. Este vídeo foi creado polo Concello de Vigo para a campaña pola educación en valores " Impórtanos".

Que tal, gustouvos o conto?
Tamén podemos xogar con este simpático mago a distinguir os sons graves dos agudos con este xogo online da web Cokitos
 Probamos a xogar? Clica no enlace aquí abaixo
Espero que vos prestaran estas propostas, un biquiño e... ata outra!

lunes, 15 de junio de 2020


Ola, xentes curiosas! Que tal esa memoria? Podemos poñela a proba cun memory de instrumentos musicais... grazas á paxina web Aprendo Musica con las Tic

Clicade nos seguintes enlaces para xogar




Tamén podemos xogar a identificar os instrumentos polo seu son... Imos aló


Para rematar, vouvos propoñer bailar un pouquiño no estilo Bollywood. Iso si, teremos que viaxar ata a India, nada menos!!


Agardo que vos gustaran estas propostas, unha forte aperta💖

Memories & Colors

Ola navegantes! Gustaríame comezar esta última semana do curso cunha preciosa versión da canción Memories (do grupo Maroon 5) interpretada pola agrupación vocal One voice children's choir. 
                          Aquí tedes un enlace para ler a letra en inglés e a tradución ao castelán. 

Tamén vos quero compartir un enlace para explorar o mundo das obras de arte organizadas polas cores. 
Se movedes a barra coas diferentes cores atoparedes unha gran selección de cadros de todas as épocas con esa cor predominante. Está moi chulo... Probamos? Facede clic no enlace aquí abaixo...



Espero que vos guste, unha forte aperta. Ata mañán, xente!



jueves, 11 de junio de 2020

Despedindo a semana

Ola a toda a xente! Aquí estamos rematando outra semana, e pouco a pouco xa se vai o último trimestre do curso. Hoxe imos disfrutar cos xilófonos de auga das nosas compañeiras de 4º A

Lucía Castro Rodríguez


e Ana Lucía Torres Duro


Durante esta semana tivemos no blogue diversos xogos para experimentar co son, a composición, as ondas sonoras, os sons agudos, medios e graves, etc... Un dos que máis gustou foi o dos macaquiños percusionistas, aquí tedes a opinión e demostración dun compañeiro

Alejandro Saldívar Paz, de 2º A



E para rematar, déixovos cunha música mariñeira e animosa... a versión do dúo de violoncellos 2CELLOS da BSO da película "Piratas do Caribe"


 Ata o luns, navegantes! Que pasedes boa fin de semana😘



BO NADAL... E AÍNDA MELLOR CON MÚSICA!

  AQUÍ TEDES O "CAROL OF THE BELLS" UNHA PEZA DE NADAL DE UCRAÍNA (COMPOSITOR Mykola Leontovych, LETRA  Peter J. Wilhousky) INTERP...